La siempre impresionante Punta del Limo cae al mar
desde los acantilados más altos de la Europa Continental,
en el bello entorno natural del Ortegal.
Toxo é o nome común que reciben as especies do xénero Ulex; un xénero de arredor de 20 especies de arbustos perennes da familia Fabaceae, nativos da Europa occidental atlántica e do norte África, coa maioría das especies na península Ibérica, e concretamente en Galicia.
A especie máis espallada é o toxo arnal (Ulex europaeus), que medra en sitios asollados, e solos areentos, acadando unha altura de até 2-3 metros. As flores, chamadas chorimas ou alecríns, teñen un forte recendo a coco. Considérase a flor nacional de Galicia. A semente recibe o nome de navía de toxo.
En lugares coma América do Norte, América do Sur, Nova Zelandia e Australia introduciuse coma planta ornamental. Nalgunhas zonas naturalizouse polo que se considera especie invasora.